martes, 23 de abril de 2024

PROGRAMA EVENTOS DEPORTIVOS DA PATROA DA POLICIA LOCAL

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POLICÍA LOCAL




MARIA AUXILIADORA


Desde a ACD PLAC pensamos facer varios eventos para celebrar o día da Policía Local.



Torneo FÚTBOL SETE


Mércores día 22 de maio, entre ás 10:00 é ás 14:00 horas, nos campos municipais da Cidade Deportiva da Torre.


1. GRUPO A: Tres equipos da Policía Local (AT, ACD PLAC é QUENDA).

GRUPO B: Formado por equipos, do Corpo Nacional de Policía, Guardia Civil é Corpo de Bombeiros, da Coruña.

2. ARBITRAXE: Estará a cargo de colexiados, pertencentes ao Colexio de árbitros da Coruña.

3. DESENVOLVEMENTO: Cada partido terá unha duración de 25 minutos.

4. Os PRIMEIROS de cada grupo XOGAN A FINAL.

5. ANTES DA FINAL, O SEGUNDO do grupo A (POLI), xogará un encontro contra un EQUIPO DE HISTÓRICOS da ACD PLAC.


Carreira CICLISTA BTT


O xoves día 23 pola mañá, a sección ciclista fará unha carreira por equipos (dúas persoas), polo circuíto, a espera de confirmación por reserva de espazo no Concello, pero probablemente PENAMOA-BENS.


1. CADA EQUIPO, terá que contar, coma mínimo, con un POLICÍA (non ten que ser da ACD PLAC), podendo participar xunto con persoas AFÍNS (familiares ou mellores amigos) e constará de dúas persoas.

2. PERCORRIDO, unha volta cada membro, enfrontándose dúas parellas. O PRIMEIRO pasa de ronda e o perdedor terá outra oportunidade na REPESCA.

3. TRAZADO dinámico e divertido, ata chegar ao final.

4. FORMACIÓN DOS EQUIPOS, tentarémolos facer igualados, dependendo da xente apuntada.


O CIRCUITO VAI A SER FÁCIL E DIVERTIDO.


Carreira RELEVOS (RUNNING)


E finalmente ese mesmo día 23, pola tarde a sección de RUNNING fará unha carreira de RELEVOS.


1. Equipos formados por mínimo un POLICÍA e ata tres persoas máis (mínimo tres), podendo ser fillos, novi@s, parellas, amigos, outro poli...

2. PERCORRIDO, daranse 5 voltas a un circuíto do Parque de Bens de 600 metros, para que sexa para todos os públicos desde nenos a proles.

3. Todos terán que dar mínimo unha volta e o POLI o que máis dea (é dicir se son catro o que corra dúas voltas será o poli).

4. Dependendo dos apuntados poderase dividir en grupos e faranse clasificacións.

5. A organización ten poderes para igualar a carreira.




A XUNTA DIRECTIVA

miércoles, 27 de septiembre de 2023

XXV CTO. España MTB Policías Locales 2023


Tras seis días de convivencia, lecer e competición deportiva en Las Palmas de Gran Canaria, xa estamos de volta á rutina.
Os compoñentes da ACD Policía Local da Coruña, novamente volveron demostrar o seu compromiso competindo a un grandísimo nivel conseguindo o terceiro posto, medalla bronce en categorías masculinas de, máster 40, J. Carlos Lagares e elite, Pedro Campos, así como o primeiro posto, medalla de ouro campioa de España en categoría feminina de, máster 30, Alba Penas, que ademais conseguía o terceiro posto, medalla bronce, en categoría absoluta feminina, unha mágoa que, por lesión, non puidese participar Carol, xa que teriamos asegurada outra medalla, medalla esta categoría de máster 30 feminina, outra vez será.
A destacar tamén o 8° posto conseguido a nivel absoluto por J. Carlos Lagares, de entre máis de 140 participantes.
Parabén aos medallistas e a todo o equipo polo seu compromiso, ao sacrificar parte das súas vacacións ou tempo libre, para desprazarse e representar, con orgullo e entusiasmo, a esta asociación deportiva, asi como á Policía Local e ao Concello da Coruña. 

Aos acompañantes e familiares, dar as grazas polo seu apoio incondicional na proba, dando forza aos corredores, cando o cansazo facia mella, fostes a gasolina extra necesaria para poder chegar á meta, capítulo apartes merécese a compañeira Susana, espectacular, contigo non nos podemos aburrir, non cambies, contamos contigo para a seguinte. 
Foron uns días espectaculares que, ademais, da parte deportiva, serviron para estreitar lazos e coñecernos de maneira máis próxima, demostrando que, á parte de compañeiros de traballo e profesión, detrás do uniforme hai unha gran familia, Espectacular!!!.
Por último, agradecer a colaboración das institucións da cidade da Coruña, Concello e Deputación e tamén, ás áreas de, seguridade, turismo e deportes do concello. 

Grazas.

viernes, 26 de mayo de 2023

TROFEO MARIA AUXILIADORA - PATRONA POLICIA LOCAL 2023 - LUGO


No día de onte e con motivo do Patrón da Policía Local de Galicia, o equipo de fútbol 7 da ACD Policía Local da Coruña participou no Campionato organizado polos compañeiros da Policía Local de Lugo, participando ademais dos reseñados, Bombeiros. , Garda Civil e Policía Nacional de Lugo así como a Policía Local de Pontevedra. A competición desenvolveuse a través dunha liga de cinco partidos na que logramos tres vitorias, un empate e unha derrota, ante os nosos compañeiros da Policia Local de Pontevedra. Despois de disputar a semifinal contra o Policia Local de Lugo e derrotalos por 2-1, disputouse a gran final e a pesar de facer un gran partido volvemos a perder por 1-0 contra o Policia Local de Pontevedra.

Ademais do trofeo do 2º posto, o noso porteiro Iván foi nomeado mellor porteiro do Torneo, recibindo o correspondente trofeo.

Parabéns ao equipo polo esforzo e o gran torneo realizado....