martes, 17 de diciembre de 2024

FIN DA PRIMEIRA PARTE DO CAMPIONATO

Onte finalizo a primeira parte da tempada de futbol sala Policial, rematando cunha vitoria por 4-3 contra a Autoridade Portuaria da Coruña, encontro xogado ás 20:30 horas na Polideportiva de Lonzas, con goles marcados por Iván Gómez, Pochi, Alex e Álvaro Cancela. Unha vitoria que nos sitúa de forma momentánea, en metade da táboa clasificatoria con 15 puntos, esperemos mellorar a nosa participación na segunda parte da liga. Parabén e felices festas para todos.



domingo, 17 de noviembre de 2024

30 ANIVERSARIO

 

       Como Presidente da Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local da Coruña, é unha honra para min, ser a persoa que a representa nun momento tan importante como é o seu 30 aniversario e darlle valor ao traballo realizado por todos vós, en canto, aos logros conseguidos no ámbito deportivo que, durante todos estes anos, leváronse a cabo fomentando o deporte en diversas actividades.
Así pois, é de xustiza lembrar a todas as persoas que, en novembro de 1994, fixeron posible a creación da asociación, primeiro co nome de Asociación Cultural e Deportiva Miguel Servet e máis tarde como, Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local da Coruña. Por tanto, vaia o noso agradecemento para os compañeiros Javier Fontenla, Manolo Freire e Peter Quintas, principais percusores do proxecto, así como aos que lle deron continuidade ata chegar á miña persoa e ao grupo que represento, José Ángel López Rodríguez e Carlos Castro Rivas. A asociación iniciou a súa andaina cos equipos de Futbol 11 e Fútbol sala, cultivando unha infinidade de campionatos de liga e copa a nivel local e algún que outro torneo a nivel nacional (Ponferrada, Barcelona, Huelva etc.)/ etc.). Pero, sen dúbida, o éxito máis relevante e cunha gran repercusión social non chegou ata o ano 2009, cando nos proclamamos campións de Europa, no Campionato Internacional de Fútbol 7 para Policías de Cambrils. Ao longo de todo este tempo a Asociación non parou de crecer segundo as necesidades e inquietudes dos seus compoñentes, así, no ano 2009, créase a sección de baloncesto, conseguindo ata a data un campionato de liga e outro de copa. No ano 2015, creouse a sección de Ciclismo, unha actividade que desde os seus inicios incrementou o número de participantes de forma exponencial e que, nos últimos anos, está a achegar grandes resultados deportivos, e finalmente, no ano 2023, creouse a sección de Runnig. Actualmente contamos con 75 socios, o que representa, aproximadamente, o 25% do persoal da Policía Local. Por último, recoñecer o mérito dos socios e socias que conseguiron ser, ao longo destes anos, campións a nivel nacional e internacional en diferentes modalidades, grazas e parabéns, gocemos deste día. Moitas grazas pola vosa asistencia. SOMOS MOI BOS


martes, 15 de octubre de 2024

XOGOS EUROPEOS POLICÍA E BOMBEIROS

Esta semana pasada celebrouse na cidade portuguesa de Braga a X edición dos Xogos Europeos de Policía e Bombeiros.
Os compañeiros Carol, Raúl, Óscar e Alex, asistiron ao acto en representación da Policía Local da Coruña, acadando uns resultados incribles: 
Nas probas de Ciclismo:

Carolina 2 Ouros (XCO e MTB Cronoescalada MTB) 
Alex Carreira 1 Prata (Cronoescalada Carretera)
Raúl  1 Ouro  (Tríatlon)

E finalmente en natación: 
Óscar conseguiu 2 Ouros (200 e 100 costas), 2 Pratas (200 estilos e 50 costas) e 1 Bronce (100 libres) 

Parabéns a todos por representarnos nun evento de tanta importancia e levar o nome da Cidade á cima do concurso.

Moitas Grazas