lunes, 19 de octubre de 2026

XI XOGOS EUROPEOS POLICIAS E BOMBEIROS

PARABÉNS, aos representantes da ACD Policía Local da Coruña, que participaron nos "XI European Police & Fire Games" celebrados en Vigo a semana pasada.

Os nosos representantes realizaron unha gran actuación nun evento deportivo para forzas e corpos de seguridade que reuniu a máis de 3000 participantes de 40 países, conseguindo un total de 26 medallas, 13 de ouro, 10 de prata e 3 de bronce, que serían 31 se contamos as acadadas na modalidade de parellas, 15 ouros, 13 prata é 3 bronce.


Parabéns, sodes xeniais!!!

RESULTADOS:

Oscar Guirado (Natación)

🥇50 espalda. 🥇100 espalda. 🥇200 espalda. 🥇50 volvoreta.🥇200 estilos. 🥈100 libres 🥉2k aguas abertas

Oscar Guirado e Alex Gestal (Natación)

🥇4x50 estilos 🥇4x100 estilos. 🥈4x50 libres. 🥈4x100

libres. 





Carol Díez

🥇Mtb XCO  🥇contrarrelojMTb 🥇Mtb xcm







Alba Penas

🥇Crossfit  🥇Guía canino defensa e protección 🥈Guía canino detección drogas en vehículos



Belén Dorado

🥇Hibrid  

🥈Crossfit


Belén Dorado e Antón Gabeiras

🥈crossfit parellas


Antón Gabeiras

🥉Crossfit



Raúl Paredes

🥈Triatlón


Pedro Campos

🥉Mtb XCO. 🥈Contrarreloj Mtb. 🥈Mtb XCM. 🥈Combinada.




lunes, 28 de septiembre de 2026

XXXVIII CTO. ESPAÑA BTT POLICÍAS LOCAIS - 2026

Outro ano máis o equipo da ACD Policía Local da Coruña participou no Cto. de España BTT para policías locais, que este ano, na edición XXXVIII, celebrouse na cidade de León. 

En termos xerais os integrantes desta asociación realizaron unha moi boa proba, destacando ás tres medallistas: Carolina Díez, Alba Penas y Susana González.

Carolina, logrou a medalla de ouro, tanto na súa categoría máster 30B feminina, como na xeral feminina, polo que se proclamou coma nova campioa de España.

Alba quedou no segundo posto na categoría máster 30A feminino, recibindo a medalla de prata e, por último, a gran Susana, tamén conseguiu a medalla de prata, ao quedar segunda na categoría máster 40B feminino, Noraboa ás tres.

Cabe destacar que, na clasificación xeral por equipos, a dúas voltas, o equipo conseguiu a segunda praza. 

Ademais, a ACD Policía Local da Coruña foi premiada por ser a delegación máis numerosa. ¡Parabéns a todos pola vosa entrega e compromiso.

PARTIDO BENEFICO CONTRA A ELA


 A directiva da ACD Policia Local da Coruña quere agradecer ás compañeiras que o pasado venres se puxeron a xogar por unha boa causa, onde o menos importante era o resultado deportivo. Grazas á vosa colaboración conseguiu recadarse unha cantidade importante de diñeiro para loitar contra a ELA.


Sodes moi boas!!!.

Tamén, damos as grazas aos compañeiros da unidade canina que, xunto cunha dotación de Bombeiros, participaron na parte de exhibicións e moi especialmente, ao compañeiro Antonio García que, ao son da gaita, foi o encargado de abrir o evento co Himno Galego.

A todos eles, moitas grazas!!!

VIDEOS:
https://www.instagram.com/p/Dd03E2vtNHJ/

A recadación 10.952,81 euros, foi entregada á Asociación Grupo CompostELA para apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias.

PRENSA:
https://www.elespanol.com/quincemil/a-coruna/20260928/guardia-civil-policia-nacional-local-recaudan-euros-ela-coruna/1003744399405_0.html