A directiva da ACD Policia Local da Coruña quere agradecer ás compañeiras que o pasado venres se puxeron a xogar por unha boa causa, onde o menos importante era o resultado deportivo. Grazas á vosa colaboración conseguiu recadarse unha cantidade importante de diñeiro para loitar contra a ELA.
Sodes moi boas!!!.
Tamén, damos as grazas aos compañeiros da unidade canina que, xunto cunha dotación de Bombeiros, participaron na parte de exhibicións e moi especialmente, ao compañeiro Antonio García que, ao son da gaita, foi o encargado de abrir o evento co Himno Galego.
A todos eles, moitas grazas!!!
VIDEOS:
https://www.instagram.com/p/Dd03E2vtNHJ/
A recadación 10.952,81 euros, foi entregada á Asociación Grupo CompostELA para apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias.
PRENSA:
https://www.elespanol.com/quincemil/a-coruna/20260928/guardia-civil-policia-nacional-local-recaudan-euros-ela-coruna/1003744399405_0.html


No hay comentarios:
Publicar un comentario