A A.C.D. Policía Local dá Coruña é unha Asociación creada en 1994 para satisfacer e potenciar a práctica deportiva dentro do colectivo da Policía Local da Coruña, así como para a relación con outras empresas e institucións do sector de seguridade, tanto a nivel nacional como internacional. Nestes momentos a asociación atópase formada por 72 socios, que participan nas diferentes disciplinas deportivas na categoría de afeccionados e dentro da Federación Coruñesa de Grupos de Empresas.
O noso domicilio social atópase situado no edificio da Policía Local, sito na rúa Tuy S/n da Coruña (15002).
A Asociación atópase inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia con número C-10.209 e na Sección Primeira do Rexistro Provincial de Asociacións con número de rexistro 3.804. Atopándose, ademais, rexistrada en Facenda co C.I.F. G-15515406, así como no Rexistro Municipal de Asociacións REMAC con núm. 403.
Desde o ano de fundación os resultados obtidos foron moi satisfactorios, con máis vinte campionatos de liga e copa, nas modalidades de Fútbol, Fútbol Sete e Fútbol sala, dentro das competicións organizadas pola Federación Coruñesa de Grupo de Empresas; ademais podemos destacar outros logros obtidos a nivel nacional e internacional, tal como se poden ver e consultar no apartado de palmares deportivo.
Desde os seus inicios ata este momento, a asociación contou con tres presidentes, sendo Javier, Fontenla o primeiro deles e gran percusor xunto a outros socios como Manolo Freire e Peter Quintas, para a súa creación, mais tarde a presidencia por asou a Mans de José Ángel López, para a continuación no ano 2008 ata hoxe o presidente é José M. Penas, un servidor.
Presidente:
José Manuel Penas Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario