Esta mañá xogábase o penúltimo partido da tempada de Baloncesto e que enfrontaba ao equipo da ACD Policía Local da Coruña, flamante Campión de Liga, contra o BBVA. O equipo estivo formado por Alex Carreira, Buji, Fran Carro, Michel Navaza, David Carballeira, quinteto inicial e para cambios Lago, Peño; Rico e Rubén.
O primeiro cuarto resultou moi igualado e finalizou cun resultado moi axustado e un punto de diferenza ao noso favor. No segundo cuarto o equipo entrou en barrena e BBVA conseguiu unha vantaxe de 15 puntos, grazas ao xogo que realizaron no seu primeiros 6 minutos e o desacertado do noso equipo en ataque. Pero o que son as cousas, en tan só catro minutos e cun Alex Carreira, que para entón e co paso dos minutos xa quentara a boneca, a diferenza reduciuse a tan só catro puntos, chegando ao ecuador do partido co marcador en 34-38 a favor de BBVA. No terceiro cuarto o equipo mellorou en defensa e continuou reducindo diferenzas ata poñerse por diante no marcador e aumentar a vantaxe a 8 puntos. O último cuarto tornábase plácido en ademais, o equipo conseguiu recuperar varios balóns en defensa que achegaron contra ataques rápidos con canastra e despois dun intercambio de golpes finalizábase cun marcador final de 73 a 59 ao noso favor.
Gran partido de todo o equipo, aínda que hai que destacar a Alex que anotou, polo menos 7 triplos (menos mal que non se entoou ata os últimos minutos do segundo cuarto, Que Besta?) e a boa achega anotadora de Rubén, o cal unido ao bo facer de todo o equipo en tarefas defensivas, co gran traballo realizado, tratando de achicar os espazos e todas vías de canastra, sobre o pivot do BBVA, sen dúbida, o mellor xogador que tiñan sobre a pista e que acabou exasperado, fixo posible que o equipo conseguise esta nova vitoria.
PARABÉN a todos e o mércores a por o Banco Pastor para poder finalizar a liga como invictos.