jueves, 30 de marzo de 2023

DESCENSO DO SELLA

Fin de semana: 1 e 2 de xullo de 2023

Dende IPA GALICIA e en colaboración coa ACDPL da Coruña retomamos no 2023 unha das actividades socioculturais máis bonitas e divertidas da nosa historia como asociación. Despois de todo este período de restricións, queremos volver pasar unha fin de semana de lecer e deporte con compañeiros, familiares (incluídos nenos) e/ou amigos.

Como moitos recordaredes, esta actividade consiste nunha viaxe en autobús ata a localidade asturiana de Arriondas, onde comezará a baixada do río Sella que rematará na localidade de Llovio, preto de Ribadesella. O percorrido completo alcanza uns 14 quilómetros e adoita tardar 3 horas e media ou 4 horas en realizalo. Durante este período, podemos parar a comer ou descansar ao longo do percorrido, nalgún dos chiringuitos, mentres gozamos dunha paisaxe extraordinaria.


Para que todo saia ben, pedimos a vosa colaboración escribindo a unha lista provisional, ben a través do correo electrónico ipagalicia@gmail.com, ben a través do WhatsApp do Grupo IPA Galicia.

Esta inscrición previa rematará no prazo dun mes, transcorrido o cal se publicará unha lista cun número de conta onde cada participante deberá introducir un sinal, como reserva da actividade e para evitar contratempos e baixas inesperadas. Calquera dúbida que teñades sobre esta actividade, podedes contactar cos membros do Consello de Administración de IPA Galicia, a través dos teléfonos que xa coñecedes ou a través do noso correo electrónico.

ANIMÁMOSVOS A COMPARTIR CONNOSCO ESTA EXPERIENCIA,
ENCANTARACHE...




lunes, 20 de marzo de 2023

RETO 15Q

O domingo día 19 e a pesar de tratarse dun día sinalado, unha decena de policías, membros desta asociación xunto a outros compañeiros do corpo da Policía Local da coruña, sumáronse ao reto solidario 15Q, para dar visibilidade a unha enfermidade rara: "a síndrome de de investimento de duplicación do cromosoma 15Q", participando nunha carreira por substitucións , que dará a volta a España. 

Desde a xunta directiva da Asociación e a Xefatura da Policía Local felicitar e agradecer aos participantes polo seu compromiso, solidariedade e esforzo para levar a cabo esta iniciativa, impulsada oor a asociación Star Spain e que pretende romper o record guines da  carreira máis longa por substitucións. 


Grazas a todos.

O reto en prensa



Video



Reportaxe fotográfica da carreira



jueves, 2 de marzo de 2023

SEGUIMOS SUMANDO

Onte disputamos un novo partido correspondente á xornada 14 da XV Liga Policial Fûtbol  Sala UNIRASA e que nos enfrontou ao equipo CUARTEL XERAL DO MAM (Atocha). O partido foi moi igualado no primeiros dez minutos de partido con ocasións para mabos conxuntos ata que puidemos abrir o marcador cun tanto de Victor, a partir de aí o o partido foi claramente dominado polo equipo da ACD, llegadno ao descanso con claro 4-0 ao noso favor despues dos goles de Victor e dous de Meji, que reapareceia no equipo despois de moito tempo.

A segunda metade comezou da muisma maneira e Alex aumetoe o macador, tras o cal o equipo #relaxar en tarefas defensivas e permitio que o equipo de contrario reducise distancia cun gol marcado en propia meta por Eloy, que no seu afán de cortar un contrataque tocou o balón introduciendolo na súa propia porteria. Tras o 5-1 o equipo volvio a tomar o mando do mesmo e cun gol de Meji e outro de Eloy, esta vez se, na porteria correcta, chegando ao 7-1 co que finalizou o partido.

Oequipo estivo fomado por Penas, Pochi, Pablo Mirás, Alex e Iván Lestón, para cambios estaban Dani Mourño, Meji, Eloy y Victor, exercendo de entrenador Concheiro.