No día de onte e con motivo do Patrón da Policía Local de Galicia, o equipo de fútbol 7 da ACD Policía Local da Coruña participou no Campionato organizado polos compañeiros da Policía Local de Lugo, participando ademais dos reseñados, Bombeiros. , Garda Civil e Policía Nacional de Lugo así como a Policía Local de Pontevedra. A competición desenvolveuse a través dunha liga de cinco partidos na que logramos tres vitorias, un empate e unha derrota, ante os nosos compañeiros da Policia Local de Pontevedra. Despois de disputar a semifinal contra o Policia Local de Lugo e derrotalos por 2-1, disputouse a gran final e a pesar de facer un gran partido volvemos a perder por 1-0 contra o Policia Local de Pontevedra.
Compañeirismo, Respecto, Lealdade, Loita, Sacrificio, Espírito de equipo, Convivencia, Tolerancia e Aceptación.
viernes, 26 de mayo de 2023
TROFEO MARIA AUXILIADORA - PATRONA POLICIA LOCAL 2023 - LUGO
Ademais do trofeo do 2º posto, o noso porteiro Iván foi nomeado mellor porteiro do Torneo, recibindo o correspondente trofeo.
viernes, 5 de mayo de 2023
ADEUS AO ZORRO DE ARTEIXO
A ACD da Policía Local da Coruña, súmase á dor do mundo do fútbol pola perda do máximo representante do deportivismo.
Hoxe e un día triste para o deportivismo, os coruñeses e para todos os afeccionados ao fútbol en xeral, hoxe deixounos o mais grande dos adestradores que dirixiron ao Dépor, Don Arsenio Iglesias, "o bruxo" ou "o raposo" de Arteixo, unha persoa sinxela, amable e cariñosa con todos, un home de clube que levou o Dépor á cima.
Grazas por todo "maestro", ata sempre....
D.E.P. míster....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)