Como Presidente da Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local da Coruña, é unha honra para min, ser a persoa que a representa nun momento tan importante como é o seu 30 aniversario e darlle valor ao traballo realizado por todos vós, en canto, aos logros conseguidos no ámbito deportivo que, durante todos estes anos, leváronse a cabo fomentando o deporte en diversas actividades.
Así pois, é de xustiza lembrar a todas as persoas que, en novembro de 1994, fixeron posible a creación da asociación, primeiro co nome de Asociación Cultural e Deportiva Miguel Servet e máis tarde como, Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local da Coruña. Por tanto, vaia o noso agradecemento para os compañeiros Javier Fontenla, Manolo Freire e Peter Quintas, principais percusores do proxecto, así como aos que lle deron continuidade ata chegar á miña persoa e ao grupo que represento, José Ángel López Rodríguez e Carlos Castro Rivas.
A asociación iniciou a súa andaina cos equipos de Futbol 11 e Fútbol sala, cultivando unha infinidade de campionatos de liga e copa a nivel local e algún que outro torneo a nivel nacional (Ponferrada, Barcelona, Huelva etc.)/ etc.). Pero, sen dúbida, o éxito máis relevante e cunha gran repercusión social non chegou ata o ano 2009, cando nos proclamamos campións de Europa, no Campionato Internacional de Fútbol 7 para Policías de Cambrils.
Ao longo de todo este tempo a Asociación non parou de crecer segundo as necesidades e inquietudes dos seus compoñentes, así, no ano 2009, créase a sección de baloncesto, conseguindo ata a data un campionato de liga e outro de copa. No ano 2015, creouse a sección de Ciclismo, unha actividade que desde os seus inicios incrementou o número de participantes de forma exponencial e que, nos últimos anos, está a achegar grandes resultados deportivos, e finalmente, no ano 2023, creouse a sección de Runnig. Actualmente contamos con 75 socios, o que representa, aproximadamente, o 25% do persoal da Policía Local.
Por último, recoñecer o mérito dos socios e socias que conseguiron ser, ao longo destes anos, campións a nivel nacional e internacional en diferentes modalidades, grazas e parabéns, gocemos deste día.
Moitas grazas pola vosa asistencia.
SOMOS MOI BOS