domingo, 17 de abril de 2016

CAMPIONS DE LIGA


Parabén ao equipo de  Basket por proclamarse campión de liga da tempada 2015/2016, a falta de dous encontros para a súa fiscalización, o que supón toda unha fazaña. Agora quédalles como obxectivo finalizar a liga sen perder ningún encontro.

PARABÉN polo voso traballo e dedicación.

IMOS RAPACES "SODES Os MELLORES!!!!!!"



domingo, 10 de abril de 2016

TEMPORADON

Liga Baloncesto 2015/2016

RankTeamPJGPPFPC+/-Pts
1same(1)E. MUNICIPAIS1311271656215424
2same(2)POLICIA LOCAL1111066150116022
3same(3)BBVA12936285408821
4same(4)INDRA1156532525716
5same(5)NETEX1147471500-2915
6same(6)ANDAINA12111443686-24313
7same(7)BANCO PASTOR927409433-2411
8same(8)OESIA918351464-11310

O equipo da Asociación Deportiva e Cultural da Policía Local continúa imparable na liga e a falta de tres encontros para rematar a mesma, atópanse a unha soa vitoria de proclamarse flamantes campións de liga. Parabén a todo o equipo pola gran tempada que están a realizar e esperemos, ademais, que poidan marcar o  record de finalizar a tempada sen perder ningún encontro, algo que sen dúbida sería un gran  colafón...

martes, 26 de enero de 2016

GRAN RESULTADO

Esta tarde xogamos o partido pertencente  á novena xornada de liga e que nos enfrontou ao equipo de  CNP Mesón Vasco. 
Para empezar o equipo da  ACD formou con Gil, Rizo, Concheiro, Pablo Cao e  Buji, no banco quedamos Perita e Penas. A primeira parte desenvolveuse de forma que ningún dos equipos demostrase unha superioridade sobre o contrario e con moi poucas ocasións de gol por ambas as partes. Pero o que so as cousas chegamos ao último minuto cun saque de banda ao noso favor a falta de 24 segundos e non só perdemos o balón en ataque senón que nos montan unha contra e marcan o 0-1 cando o árbitro xa se dispoñía a pitar o final da primeira parte. Un xerro de auga fría que non mostraba o ocorrido na pista, porqué a pesar de non facer un bo xogo creo que o equipo mereceu algo máis que o contrario e así o entendiamos todos no descanso.
Na continuación e cando aínda non se cumpriu o minuto e medio de xogo Rizo colle un balón na frontal e o seu disparo é lixeiramente desviado por un defensa entrando pegado ao pau, era o empate a 1 e o partido iniciábase novamente. Tras o empate o equipo de  CNP Mesón Vasco tentou presionar a nosa saída de balón á altura da nosa  linea defensiva e iso creo que foi o seu gran erro porque aos catro  minutos, Pablo Cao aguantaba un balón de costas, ao bordo da nosa área, #ante a presión do contrario e con dous xiros logrou irse de dous xogadores plantándose #ante o porteiro para enviar un pase ao segundo pau, onde  Buji só tivo que rematar a porta baleira. Isto non fixo máis que incrementar a presión do equipo contrario e cando aínda non se cumpriu o minuto dez, novamente Pablo Cao en xogada persoal lograba irse dun contrario e de tiro cruzado batía ao porteiro de Mesón Vasco, que xa non sabía como achicar espazos #ante as continuas chegadas do noso equipo en ataque. O marcador se amplo cun novo gol esta vez de Rizo nunha moi boa xogada individual cando o electrónico marcaba o minuto 12. Con este gol xa chegou a tranquilidade e aínda que os contrarios chegaban e disparaban desde a distancia non lograron achegarse con perigo á meta de Gil, salvo nun disparo afastado ao que respondeu despexando a saque de esquina e pouco máis, dado que nós xa tentamos contemporizar o xogo e xogar a favor de resultado sen comprometernos en  demasía en defensa e lanzando algún contra-ataque con perigo, pero que o meta contrario puido sacar con acerto. Unha moi boa segunda parte, con gran remontada, que nos serve para cultivar unha nova vitoria e poder meternos entre os primeiros clasificados...

PARABÉN A TODOS...