Compañeirismo, Respecto, Lealdade, Loita, Sacrificio, Espírito de equipo, Convivencia, Tolerancia e Aceptación.
viernes, 14 de junio de 2019
VISITA A TEIXEIRO E PARTIDO F. SALA
O sábado 11 de maio realizamos a visita institucional, que teniamos pendente ao cárcere de Teixeiro e que fora aprazada pola folga de funcionarios de prisións. A verdade, á parte do resultado deportivo, resultou moi interesante e instructiva. Alí mostráronnos os diferentes módulos, podendo realizar unha visita ao módulo de presos de confianza, así como os diferentes talleres, biblioteca, cociña, etc... Despois da visita guiada xogouse o partido de confraternidade, onde o resultado, avultado a favor do equipo de Vento Teixeiro (6-2), foi o de menos, a verdade é que gozamos dunha xornada moi agradable, habrá que repetir a experiencia...
A VISITA NA PRENSA
https://www.diarioherculino.com/la-union-del-futbol-entre-lineas/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2019/05/13/presos-golean-policia/00031557760337195482458.htm
https://www.laopinioncoruna.es/deportes/2019/05/14/vento-teixeiro-vence-policia-local/1401513.html
viernes, 12 de abril de 2019
REMATE DA LIGA DE FÚTBOL SALA
Esta semana rematou a XII edición da Liga Policíal MOOM57, ata o último día estivemos en condicións de gañar o campionato, pero non só dependía de nós, tiñamos que agardar a que os nosos compañeiros de Oleiros derrotasen ao equipo do CEP Tacita de Ouro e finalmente non o conseguiron, a pesar de que no descanso, do seu encontro, atopabanse por diante no marcador.
Tamén tiñamos que derrotar ao CSIF Coruña na última xornada e ao final conseguimolo por un resultado axustado 4-3, nun partido no que mostramosnos superiores ao rival, pero só poidemos gañar con esa pequena diferenza.
O segundo lugar na liga supón unha gran tempada na que o equipo tan só perdeu tres partidos e só encaixou 25 goles nos 18 partidos disputados, marcando 62 goles, empatado con Tacitus, quenes gañaron a liga con 43 puntos, mentras que para os nosos foron 41, seguiremos intentandoo na próxima tempada.
Agora, a partir do 24 de abril, comezamos a participación nos torneos de copa, esperamos facer un bo torneo e obter o título conseguido fai dúas tempadas.
miércoles, 14 de marzo de 2018
GRAN TEMPORADA
Esta tempada temos un bo ritmo na competición de liga, ata agora só perdemos un partido e empatamos outros tres, o que nos sitúa no segundo lugar dous puntos detrás do líder e que é mellor con seis puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



