Esta tarde ás 18.00 horas o equipo de Fútbol sala da ACD Policía Local enfrontábase ao equipo do Cuartel de Atocha. Para este partido o equipo contou con diversas variacións, para empezar para a portería volvía Marcos, en defensa saímos con Iván Reigosa, ás para Pablo Cao e Mji e como Pivote Iván Ramos, no que era o seu primeiro partido desta tempada. Ademais para o banco para os cambios quedaban Javi Fontenla, Dani Mouriño, Pochi e Iván Lestón, que tamén debutaba nunha convocatoria.
Enseguida o equipo demostrou que ía a por a vitoria e antes de chegar ao minuto cinco nunha xogada que finalizou cun centro de Pablo Cao desde a dereita era rematado por un contrario ao fondo das mallas, cando se achaba preparado para o remate Meji, era o 1 a 0 e o gol non fixo máis que dar aire ao equipo, que de inmediato conseguiu o 2-0 cun potente disparo de Meji desde a frontal da área e que entrou pegado ao pau esquerdo do porteiro contrario. O equipo atopábase moi a gusto na pista e a pesar de de a rotacións, necesarias para dar respiro aos xogadores de pista, continuaba dominando claramente o partido e antes do descanso Pochi finalizaba unha xogada trenzada de todo o equipo rematando ao fondo das mallas, subindo o 3-0 no marcador. Por contra o equipo de Atocha chegaba á nosa área en moi, contadas, ocasións e con escaso perigo para a meta defendida por Marcos, que tan só tivo que empregarse a fondo nunha xogada por un desaxuste defensivo.
Na segunda metade e como vén sendo habitual, o equipo empezou a xogar co tempo de partido, xogando replegado e saíndo á contra, algo que non estamos a explotar correctamente, xa que a pesar de dispoñer de varias ocasións, tan só Pochi foi capaz de, nunha gran xogada, lograr o 4-0 ao meter o balón pola escuadra dereita do porteiro de Atocha, grazas a un disparo coa esquerda desde fóra da área. E desta maneira chegamos ao final do encontro sen que os contrarios tampouco tivese demasiadas ocasións para poder facer algún gol, grazas á intensidade defensiva do equipo.
PARABÉN A TODOS, A SEGUIR ASÍ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario