Compañeirismo, Respecto, Lealdade, Loita, Sacrificio, Espírito de equipo, Convivencia, Tolerancia e Aceptación.
martes, 22 de noviembre de 2016
VITORIA E BO XOGO
Esta tarde xogábase o encontro pertencente a terceira xornada de liga e esta vez xogabamos contra o equipo de CNP "A do Cuñado", o equipo da ACD formou con Penas na portería e como xogadores de campo, desde un principio, saíron Dani Mouriño, Iván Reigosa, Pablo Cao e Pochi, para cambios quedaban Perita, Meji, Javi Fontenla e Buji. Tras uns primeiros minutos de claro dominio do xogo pola nosa banda, cando aínda non alcanzaramos o minuto cinco do encontro, unha xogada illada do equipo contrario provocaba que un xogador contrario quedará só diante da portería e a pesar que o primeiro disparo púideno rexeitar co pé, o balón caía aos pés doutro contrario, que tan só tivo que empuxala ao fondo da rede. A partir de aquí chegaron unhas series de ocasións ao noso favor ata que Meji remataba, coa dereita, un pase ao segundo pau de Pochi, co que poñía o empate cando faltaban uns 12 minutos para o final da primeira parte. De aquí ata o final o dominio foi total por parte do noso equipo e novamente Meji por dúas ocasións, que lograba levar o balón á rede, poñendo o 3 a 1 a favor, un hattrick co que chegabamos ao descanso.
Con este resultado o equipo saíu á segunda parte con moita relaxación e a pesar que dominou o xogo na totalidade de todo este período, tan só puido marcar grazas a unha xogada que rematou Pablo Cao ao fondo das mallas, para subir o 4-1 ao marcador. O equipo contrario tampouco é que tivese moitas ocasións de gol e as poucas que tiveron foron ben liquidadas pola nosa defensa e porteiro.
Nova vitoria que non fai máis que afianzar o xogo do equipo, a pesar que, polo xogo realizado o resultado ata me parece curto. PARABÉN RAPACES...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario