Este pasado luns día 16 de xaneiro chegaba o partido correspondente á sétima xornada de Liga de Fútbol sala, partido que nos enfrontaba aos nosos compañeiros de Policía Local de Oleiros, sempre batalladores e incómodos para o noso xogo. Empezamos o encontro con Penas na porta, Pochi, Meji, Iván Reigosa e Buji, quedando no banco Concheiro, D. Varela e Dani Mou para cambios. Cando aínda non transcorreran os dous primeiros minutos de partido, unha perda de balón nas proximidades da área permitía realizar un disparo desde fóra da área que, despois de pasar por medio dunha chea de pernas, vin demasiado tarde e aínda que logrei tocalo co pé, o desvío entraba pegado ao pau, erro monumental. Era o 0-1 e tocaba remontar e aínda que o tentamos de todas as maneiras esta fíxose de rogar, pero finalmente un gol de Meji e outro de Dani Mouriño poñíanos por diante no marcador e chegabamos ao descanso con 2-1 e dominando o partido, o que nos daba certa tranquilidade.
Na segunda parte entraba Marcos en portería e empezamos dominado pero un erro defensivo, con certa parsimonia pola nosa banda, permitiu que Oleiros lograse o empate a dous tantos, novamente tocaba remar, aínda que para esas o equipo xa dominaba o xogo o que, en certa medida, daba maior tranquilidade ao equipo que nunha contra, levada por Meji, o balón chegaba a D. Varela, que corría polo carril central, aproximándose ao bordo a área, pero na dúbida entre tirar ou pasar, se trastabilla e logra dar un pase á esquerda a Pochi e este cede alén a Meji que, cun forte disparo, crava o balón na mismísima escuadra, subindo 3-2 ao marcador, ao noso favor. A partir de aquí o equipo continuou chegando ao área contraria con comodidade e desperdiciando ocasións claras de gol, entre as que cabe destacar dúas de Meji, unha delas a porta baleira que estampou na escuadra e unha terceira de miña que sacou o porteiro coas pernas. Así chegamos aos últimos minutos nos que o equipo tivo que traballar durou en defensa, #ante as acometidas de Oleiros, para aguantar o resultado. Ao final e con moito sufrimento conseguimos unha nova vitoria que nos permite seguir loitando polo título de liga. IMOS RAPACES...
Compañeirismo, Respecto, Lealdade, Loita, Sacrificio, Espírito de equipo, Convivencia, Tolerancia e Aceptación.
domingo, 22 de enero de 2017
PRIMEIRA DERROTA
Na sexta xornada de liga, xogada o pasdo día 09 de xaneiro e contra o equipo de CSIF CNP Coruña chegou a primeira derrota do equipo, o equipo da ACD empezou o encontro con Marcos, na portería, Dani Mouriño, Iván Reigosa, Pochi e Meji, quedando para cambios Cocheiro, Gil, Dani Díaz, Miguel e Buji. despois duns primeiros minutos de tenteo nos que ningún dos equipos chegaba con perigo ás áreas contrarias e cando transcorría o minuto doce da primeira parte, chegou unha xogada trenzada de CSIF que se plantaron sós #ante Marcos e conseguían o 0-1, uns minutos máis tarde lograban o 0-2 con outra xogada de recuperación no medio campo e rápida contra e cando o partido estaba apunto de chegar ao descanso, noutro erro defensivo, volvían gañar as costas e marcaban o 0-3 co que se chegaba ao descanso.
Tras a continuación logramos acurtar distancias cun gol de Buji, nunha boa xogada de todo o equipo, co gol o equipo empezou a dominar o ritmo de xogo e cando faltaban uns oito minutos para o final, pasamos a xogar con porteiro-xogador, entrando Miguel por Marcos, vendo que CSIF se defendía moi pechado na súa área e que os nosos disparos afastados non atopaban o seu obxectivo. A aposta era arriscada, pero pronto conseguimos marcar grazas a un remate cruzado de Iván Reigosa, co 3-2 e dominando o partido con CSIF metido na súa área todo era posible, pero un fallo no pase de Meji sobre Miguel, recuperábao un xogador contrario que desde o medio do campo marcaba sen oposición, faltaba uns 3 minutos e o equipo seguiu tentándoo, pero o gol chego demasiado tarde así xa metidos no último minuto Miguel lograba poñer o 3-4 definitivo.
Mágoa de resultado, xa que era unha oportunidade única para vencer a CSIF que contaba con tan só cinco xogadores, pero que se atopou cunha relaxación defensiva pola nosa banda e despois aínda que melloramos xa non tivemos tempo para remontar, agora só queda levantarse e volver ao estilo de xogo das primeiras xornadas, ANIMO rapaces.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)