domingo, 22 de enero de 2017

REMONTADA CON SUFREMENTO

Este pasado luns día 16 de xaneiro chegaba o partido correspondente á sétima xornada de Liga de Fútbol sala, partido que nos enfrontaba aos nosos compañeiros de Policía Local de Oleiros, sempre batalladores e incómodos para o noso xogo. Empezamos o encontro con Penas na porta, Pochi, Meji, Iván Reigosa e Buji, quedando no banco Concheiro, D. Varela e Dani Mou para cambios. Cando aínda non transcorreran os dous primeiros minutos de partido, unha perda de balón nas proximidades da área permitía realizar un disparo desde fóra da área que, despois de pasar por medio dunha chea de pernas, vin demasiado tarde e aínda que logrei tocalo co pé, o desvío entraba pegado ao pau, erro monumental. Era o 0-1 e tocaba remontar e aínda que o tentamos de todas as maneiras esta fíxose de rogar, pero finalmente un gol de Meji e outro de Dani Mouriño poñíanos por diante no marcador e chegabamos ao descanso con 2-1 e dominando o partido, o que nos daba certa tranquilidade. Na segunda parte entraba Marcos en portería e empezamos dominado pero un erro defensivo, con certa parsimonia pola nosa banda, permitiu que Oleiros lograse o empate a dous tantos, novamente tocaba remar, aínda que para esas o equipo xa dominaba o xogo o que, en certa medida, daba maior tranquilidade ao equipo que nunha contra, levada por Meji, o balón chegaba a D. Varela, que corría polo carril central, aproximándose ao bordo a área, pero na dúbida entre tirar ou pasar, se trastabilla e logra dar un pase á esquerda a Pochi e este cede alén a Meji que, cun forte disparo, crava o balón na mismísima escuadra, subindo 3-2 ao marcador, ao noso favor. A partir de aquí o equipo continuou chegando ao área contraria con comodidade e desperdiciando ocasións claras de gol, entre as que cabe destacar dúas de Meji, unha delas a porta baleira que estampou na escuadra e unha terceira de miña que sacou o porteiro coas pernas. Así chegamos aos últimos minutos nos que o equipo tivo que traballar durou en defensa, #ante as acometidas de Oleiros, para aguantar o resultado. Ao final e con moito sufrimento conseguimos unha nova vitoria que nos permite seguir loitando polo título de liga. IMOS RAPACES...

      

No hay comentarios:

Publicar un comentario