miércoles, 27 de septiembre de 2023

XXV CTO. España MTB Policías Locales 2023


Tras seis días de convivencia, lecer e competición deportiva en Las Palmas de Gran Canaria, xa estamos de volta á rutina.
Os compoñentes da ACD Policía Local da Coruña, novamente volveron demostrar o seu compromiso competindo a un grandísimo nivel conseguindo o terceiro posto, medalla bronce en categorías masculinas de, máster 40, J. Carlos Lagares e elite, Pedro Campos, así como o primeiro posto, medalla de ouro campioa de España en categoría feminina de, máster 30, Alba Penas, que ademais conseguía o terceiro posto, medalla bronce, en categoría absoluta feminina, unha mágoa que, por lesión, non puidese participar Carol, xa que teriamos asegurada outra medalla, medalla esta categoría de máster 30 feminina, outra vez será.
A destacar tamén o 8° posto conseguido a nivel absoluto por J. Carlos Lagares, de entre máis de 140 participantes.
Parabén aos medallistas e a todo o equipo polo seu compromiso, ao sacrificar parte das súas vacacións ou tempo libre, para desprazarse e representar, con orgullo e entusiasmo, a esta asociación deportiva, asi como á Policía Local e ao Concello da Coruña. 

Aos acompañantes e familiares, dar as grazas polo seu apoio incondicional na proba, dando forza aos corredores, cando o cansazo facia mella, fostes a gasolina extra necesaria para poder chegar á meta, capítulo apartes merécese a compañeira Susana, espectacular, contigo non nos podemos aburrir, non cambies, contamos contigo para a seguinte. 
Foron uns días espectaculares que, ademais, da parte deportiva, serviron para estreitar lazos e coñecernos de maneira máis próxima, demostrando que, á parte de compañeiros de traballo e profesión, detrás do uniforme hai unha gran familia, Espectacular!!!.
Por último, agradecer a colaboración das institucións da cidade da Coruña, Concello e Deputación e tamén, ás áreas de, seguridade, turismo e deportes do concello. 

Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario