lunes, 30 de septiembre de 2024

CTO. ESPAÑA BTT POLICÍAS LOCAIS FINAL

A Policía Local da ACD da Coruña concluíu onte a súa participación na XXVI edición, que este ano se celebrou na fermosa cidade de Xerez de la Frontera. Gran competición a levada a cabo polos compoñentes desta asociación, destacando as medallistas, ouro e prata, na categoría Master 30 Feminino, onde as dúas representantes lograron facerse co campionato e o Subcampión, noraboa a Carolina e Alba, respectivamente. Acadando tamén a segunda e a cuarta posición na xeral feminina. 
A ACD tamén foi galardoada por ser a delegación con maior número de participantes. 
Parabéns a todos pola vosa entrega e compromiso, especialmente a Susana que conseguiu rematar a proba, a pesar das esixencias do circuito, con moito sacrificio e coraxe, Susana, es a nosa campioa!!! 
No lado negativo, Rubén Lista viuse obrigado a abandonar por un pinchazo, unha mágoa. 
Para rematar, quero dicir que foron catro días de convivencia, entre compañeiros, excepcionais, que nos fai, dende a dirección, sentirnos orgullosos de todos vós. O ano que ven máis, espéranos Molina do Segura, ánimo...


No hay comentarios:

Publicar un comentario