martes, 19 de agosto de 2025

ACORDO CON TURISMO CORUÑA


Despois dunha longa e ardua negociación, a directiva da ACD Policía Local pode confirmar a aprobación do acordo alcanzado con TURISMO do concello da Coruña, para o patrocinio publicitario, do destino turístico " A Coruña".
Co compromiso, pola nosa banda, de dar visibilidade ao patrocinio, na páxina WEB, redes Sociais e na vestimenta dous equipos dá ACD Policía Local da Coruña, nos eventos deportivos nos que participemos a partir da temporada 2025/26.
Esparamos poder contar con todo o material a principios do ano 2026.

ROPA PASEO:



SUDADERA                                                                                   POLO Y BERMUDA





martes, 17 de diciembre de 2024

FIN DA PRIMEIRA PARTE DO CAMPIONATO

Onte finalizo a primeira parte da tempada de futbol sala Policial, rematando cunha vitoria por 4-3 contra a Autoridade Portuaria da Coruña, encontro xogado ás 20:30 horas na Polideportiva de Lonzas, con goles marcados por Iván Gómez, Pochi, Alex e Álvaro Cancela. Unha vitoria que nos sitúa de forma momentánea, en metade da táboa clasificatoria con 15 puntos, esperemos mellorar a nosa participación na segunda parte da liga. Parabén e felices festas para todos.



domingo, 17 de noviembre de 2024

30 ANIVERSARIO

 

       Como Presidente da Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local da Coruña, é unha honra para min, ser a persoa que a representa nun momento tan importante como é o seu 30 aniversario e darlle valor ao traballo realizado por todos vós, en canto, aos logros conseguidos no ámbito deportivo que, durante todos estes anos, leváronse a cabo fomentando o deporte en diversas actividades.
Así pois, é de xustiza lembrar a todas as persoas que, en novembro de 1994, fixeron posible a creación da asociación, primeiro co nome de Asociación Cultural e Deportiva Miguel Servet e máis tarde como, Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local da Coruña. Por tanto, vaia o noso agradecemento para os compañeiros Javier Fontenla, Manolo Freire e Peter Quintas, principais percusores do proxecto, así como aos que lle deron continuidade ata chegar á miña persoa e ao grupo que represento, José Ángel López Rodríguez e Carlos Castro Rivas. A asociación iniciou a súa andaina cos equipos de Futbol 11 e Fútbol sala, cultivando unha infinidade de campionatos de liga e copa a nivel local e algún que outro torneo a nivel nacional (Ponferrada, Barcelona, Huelva etc.)/ etc.). Pero, sen dúbida, o éxito máis relevante e cunha gran repercusión social non chegou ata o ano 2009, cando nos proclamamos campións de Europa, no Campionato Internacional de Fútbol 7 para Policías de Cambrils. Ao longo de todo este tempo a Asociación non parou de crecer segundo as necesidades e inquietudes dos seus compoñentes, así, no ano 2009, créase a sección de baloncesto, conseguindo ata a data un campionato de liga e outro de copa. No ano 2015, creouse a sección de Ciclismo, unha actividade que desde os seus inicios incrementou o número de participantes de forma exponencial e que, nos últimos anos, está a achegar grandes resultados deportivos, e finalmente, no ano 2023, creouse a sección de Runnig. Actualmente contamos con 75 socios, o que representa, aproximadamente, o 25% do persoal da Policía Local. Por último, recoñecer o mérito dos socios e socias que conseguiron ser, ao longo destes anos, campións a nivel nacional e internacional en diferentes modalidades, grazas e parabéns, gocemos deste día. Moitas grazas pola vosa asistencia. SOMOS MOI BOS


martes, 15 de octubre de 2024

XOGOS EUROPEOS POLICÍA E BOMBEIROS

Esta semana pasada celebrouse na cidade portuguesa de Braga a X edición dos Xogos Europeos de Policía e Bombeiros.
Os compañeiros Carol, Raúl, Óscar e Alex, asistiron ao acto en representación da Policía Local da Coruña, acadando uns resultados incribles: 
Nas probas de Ciclismo:

Carolina 2 Ouros (XCO e MTB Cronoescalada MTB) 
Alex Carreira 1 Prata (Cronoescalada Carretera)
Raúl  1 Ouro  (Tríatlon)

E finalmente en natación: 
Óscar conseguiu 2 Ouros (200 e 100 costas), 2 Pratas (200 estilos e 50 costas) e 1 Bronce (100 libres) 

Parabéns a todos por representarnos nun evento de tanta importancia e levar o nome da Cidade á cima do concurso.

Moitas Grazas 




 

lunes, 30 de septiembre de 2024

CTO. ESPAÑA BTT POLICÍAS LOCAIS FINAL

A Policía Local da ACD da Coruña concluíu onte a súa participación na XXVI edición, que este ano se celebrou na fermosa cidade de Xerez de la Frontera. Gran competición a levada a cabo polos compoñentes desta asociación, destacando as medallistas, ouro e prata, na categoría Master 30 Feminino, onde as dúas representantes lograron facerse co campionato e o Subcampión, noraboa a Carolina e Alba, respectivamente. Acadando tamén a segunda e a cuarta posición na xeral feminina. 
A ACD tamén foi galardoada por ser a delegación con maior número de participantes. 
Parabéns a todos pola vosa entrega e compromiso, especialmente a Susana que conseguiu rematar a proba, a pesar das esixencias do circuito, con moito sacrificio e coraxe, Susana, es a nosa campioa!!! 
No lado negativo, Rubén Lista viuse obrigado a abandonar por un pinchazo, unha mágoa. 
Para rematar, quero dicir que foron catro días de convivencia, entre compañeiros, excepcionais, que nos fai, dende a dirección, sentirnos orgullosos de todos vós. O ano que ven máis, espéranos Molina do Segura, ánimo...

 A ACD Policía local da Coruña, para a realización desta actividade, Campionato de España de BTT para policías de Xerez, estivo, única e exclusivamente, subvencionada pola Deputación da Coruña.


martes, 24 de septiembre de 2024

CTO, DE ESPAÑA BTT POLICIAS LOCALES

    Quedan tan só uns días para que, algúns compañeiros da asociación deportivo, despracémonos ata Jerez de la Frontera e participemos no XVI Campionato de España de BTT para Policías Locais, o xoves partiremos cara a esa localidade e tentaremos repetir, polo menos, o éxito do ano pasado.

    Mentres tanto, imos adiantando algúns dos participantes na competición, coas fotografías que desde a pagina do campionato foron publicando. Desexándolles moita sorte a todos...


Campeonato de España BTT Jerezid=100038889896042


Participantes ACD Policía Local


                              

 



lunes, 12 de agosto de 2024

viernes, 7 de junio de 2024

Campions de Copa 23/24



Despois de catro anos sen gañar ningún título, hoxe o equipo de Fútbol Sala, fichado por Miguel, Iván, House, Pochi, Luis, Adrián, Carlos, Alex e Ivan Gómez, volveu á senda do éxito deportivo na final de Copa, conseguiu venceron ao CSIF, na quenda de penaltis, tras o tempo regulamentario e a posterior prórroga que finalizaron con empate 2-2. 

Gran partido dos dous equipos, disputado de poder en poder con moitas alternativas e no que, ao final, a vitoria caeu no noso lado tras unha perfecta tanda de penaltis con cinco tiros anotados e no que Miguel se converteu no gran protagonista ao parar a un dos lanzamentos contrarios, gañando 5 a 4. Parabéns a todo o equipo, tanto aos que hoxe xogaron a final, como aos que non puideron facelo, pero que estiveron durante todo o ano para axudar a conseguir o obxectivo. 

Parabens!!!

Sodes moi bos!!!

martes, 23 de abril de 2024

PROGRAMA EVENTOS DEPORTIVOS DA PATROA DA POLICIA LOCAL

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POLICÍA LOCAL




MARIA AUXILIADORA


Desde a ACD PLAC pensamos facer varios eventos para celebrar o día da Policía Local.



Torneo FÚTBOL SETE


Mércores día 22 de maio, entre ás 10:00 é ás 14:00 horas, nos campos municipais da Cidade Deportiva da Torre.


1. GRUPO A: Tres equipos da Policía Local (AT, ACD PLAC é QUENDA).

GRUPO B: Formado por equipos, do Corpo Nacional de Policía, Guardia Civil é Corpo de Bombeiros, da Coruña.

2. ARBITRAXE: Estará a cargo de colexiados, pertencentes ao Colexio de árbitros da Coruña.

3. DESENVOLVEMENTO: Cada partido terá unha duración de 25 minutos.

4. Os PRIMEIROS de cada grupo XOGAN A FINAL.

5. ANTES DA FINAL, O SEGUNDO do grupo A (POLI), xogará un encontro contra un EQUIPO DE HISTÓRICOS da ACD PLAC.


Carreira CICLISTA BTT


O xoves día 23 pola mañá, a sección ciclista fará unha carreira por equipos (dúas persoas), polo circuíto, a espera de confirmación por reserva de espazo no Concello, pero probablemente PENAMOA-BENS.


1. CADA EQUIPO, terá que contar, coma mínimo, con un POLICÍA (non ten que ser da ACD PLAC), podendo participar xunto con persoas AFÍNS (familiares ou mellores amigos) e constará de dúas persoas.

2. PERCORRIDO, unha volta cada membro, enfrontándose dúas parellas. O PRIMEIRO pasa de ronda e o perdedor terá outra oportunidade na REPESCA.

3. TRAZADO dinámico e divertido, ata chegar ao final.

4. FORMACIÓN DOS EQUIPOS, tentarémolos facer igualados, dependendo da xente apuntada.


O CIRCUITO VAI A SER FÁCIL E DIVERTIDO.


Carreira RELEVOS (RUNNING)


E finalmente ese mesmo día 23, pola tarde a sección de RUNNING fará unha carreira de RELEVOS.


1. Equipos formados por mínimo un POLICÍA e ata tres persoas máis (mínimo tres), podendo ser fillos, novi@s, parellas, amigos, outro poli...

2. PERCORRIDO, daranse 5 voltas a un circuíto do Parque de Bens de 600 metros, para que sexa para todos os públicos desde nenos a proles.

3. Todos terán que dar mínimo unha volta e o POLI o que máis dea (é dicir se son catro o que corra dúas voltas será o poli).

4. Dependendo dos apuntados poderase dividir en grupos e faranse clasificacións.

5. A organización ten poderes para igualar a carreira.




A XUNTA DIRECTIVA

miércoles, 27 de septiembre de 2023

XXV CTO. España MTB Policías Locales 2023


Tras seis días de convivencia, lecer e competición deportiva en Las Palmas de Gran Canaria, xa estamos de volta á rutina.
Os compoñentes da ACD Policía Local da Coruña, novamente volveron demostrar o seu compromiso competindo a un grandísimo nivel conseguindo o terceiro posto, medalla bronce en categorías masculinas de, máster 40, J. Carlos Lagares e elite, Pedro Campos, así como o primeiro posto, medalla de ouro campioa de España en categoría feminina de, máster 30, Alba Penas, que ademais conseguía o terceiro posto, medalla bronce, en categoría absoluta feminina, unha mágoa que, por lesión, non puidese participar Carol, xa que teriamos asegurada outra medalla, medalla esta categoría de máster 30 feminina, outra vez será.
A destacar tamén o 8° posto conseguido a nivel absoluto por J. Carlos Lagares, de entre máis de 140 participantes.
Parabén aos medallistas e a todo o equipo polo seu compromiso, ao sacrificar parte das súas vacacións ou tempo libre, para desprazarse e representar, con orgullo e entusiasmo, a esta asociación deportiva, asi como á Policía Local e ao Concello da Coruña. 

Aos acompañantes e familiares, dar as grazas polo seu apoio incondicional na proba, dando forza aos corredores, cando o cansazo facia mella, fostes a gasolina extra necesaria para poder chegar á meta, capítulo apartes merécese a compañeira Susana, espectacular, contigo non nos podemos aburrir, non cambies, contamos contigo para a seguinte. 
Foron uns días espectaculares que, ademais, da parte deportiva, serviron para estreitar lazos e coñecernos de maneira máis próxima, demostrando que, á parte de compañeiros de traballo e profesión, detrás do uniforme hai unha gran familia, Espectacular!!!.
Por último, agradecer a colaboración das institucións da cidade da Coruña, Concello e Deputación e tamén, ás áreas de, seguridade, turismo e deportes do concello. 

Grazas.