viernes, 12 de abril de 2019

REMATE DA LIGA DE FÚTBOL SALA


Esta semana rematou a XII edición da Liga Policíal MOOM57, ata o último día estivemos en condicións de gañar o campionato, pero non só dependía de nós, tiñamos que agardar a que os nosos compañeiros de Oleiros derrotasen ao equipo do CEP Tacita de Ouro e finalmente non o conseguiron, a pesar de que no descanso, do seu encontro, atopabanse por diante no marcador.

Tamén tiñamos que derrotar ao CSIF Coruña na última xornada e ao final conseguimolo por un resultado axustado 4-3, nun partido no que mostramosnos superiores ao rival, pero só poidemos gañar con esa pequena diferenza.

O segundo lugar na liga supón unha gran tempada na que o equipo tan só perdeu tres partidos e só encaixou 25 goles nos 18 partidos disputados, marcando 62 goles, empatado con Tacitus, quenes gañaron a liga con 43 puntos, mentras que para os nosos foron 41, seguiremos intentandoo na próxima tempada.

Agora, a partir do 24 de abril, comezamos a participación nos torneos de copa, esperamos facer un bo torneo e obter o título conseguido fai dúas tempadas.