viernes, 14 de junio de 2019

CAMPIONS DE COPA 2019


O venres pasado, día 7 de xuño, xogamos a final de Copa da XII edición do Campionato Policial de Fútbol sala. Na final, como hai dúas tempadas, volvemos enfrontarnos ao equipo de CNP Tácita de Ouro, campión do título de liga e como era de esperar o partido resultou moi igualado. Así no minuto dez, da primeira parte tácita logrou marcar o 0-1, aínda que a alegría dúrolles pouco xa que Eloy conseguiu marcar o empate, nunha boa xogada de todo o equipo, pero antes de finalizar este tempo, Tácita volveu poñerse por diante, empatando pouco despois Pablo Cao, logrando poñernos por diante co gol de Pocho, dei ben ao descanso chegamos con empate a 3 goles. Tras o descanso todo seguiu igual e a pesar de dispoñer de ocasións claras por ambas as partes, chegamos ao final sen alteracións no marcador, o que nos levou á prórroga de dous tempos de tres minutos. Na primeira parte e grazas a un rexeite, Tácita logrou marcar o 4-4, o que obrigou que o equipo saíse na segunda parte da prórroga, en busca do gol do empate e o que son as cousas, cando quedaban cinco segundos para o remate un disparou de Pocho, é rexeitado por un contrario axudándose do brazo e lis árbitros, sen ningunha dúbida, sinalaron penalti, o encargado de tiralo e marcalo foi Pablo Cao que conseguiu o empate co tempo finalizado. Xa só quedaban os tiros desde o punto de penalti e o primeiro lanzador de Tácita de Ouro tirou fóra, a continuación Pocho logrou marcar o primeiro dos nosos lanzamentos, 0-1, o segundo lanzamento do equipo de Tácita foi detido por Miguel e a responsabilidade pasou a Meji, que cun gran disparo rompía a rede para poñer o 0-2 nos penaltis, o que nos proclamaba brillantes Campións de Copa, despois de ser segundo en liga a só dous puntos de CNP Tácita de Ouro, pechando así outra gran tempada, a pesar das dificultades, lesións e ausencias, coas que nos atopamos durante todo o ano.


PARABÉNS, rapaces, SOMOS MOI BOS....


VISITA A TEIXEIRO E PARTIDO F. SALA


O sábado 11 de maio realizamos a visita institucional, que teniamos pendente ao cárcere de Teixeiro e que fora aprazada pola folga de funcionarios de prisións. A verdade, á parte do resultado deportivo, resultou moi interesante e instructiva. Alí mostráronnos os diferentes módulos, podendo realizar unha visita ao módulo de presos de confianza, así como os diferentes talleres, biblioteca, cociña, etc... Despois da visita guiada xogouse o partido de confraternidade, onde o resultado, avultado a favor do equipo de Vento Teixeiro (6-2), foi o de menos, a verdade é que gozamos dunha xornada moi agradable, habrá que repetir a experiencia...














A VISITA NA PRENSA

https://www.diarioherculino.com/la-union-del-futbol-entre-lineas/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2019/05/13/presos-golean-policia/00031557760337195482458.htm

https://www.laopinioncoruna.es/deportes/2019/05/14/vento-teixeiro-vence-policia-local/1401513.html