domingo, 26 de febrero de 2023

VISITA INSTITUCIONAL AO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO

No día de onte e dentro das actividades anuais, no noso afán de colaborar e achegarnos ás persoas que, por avatares da vida, atópanse dentro do grupo de exclusión social, volvemos realizar a visita institucional ao Centro Penal de Teixeiro. 
Como sempre o trato recibido, tanto por parte dos funcionarios como dos reclusos, foi excepcional. 
Dentro da actividade prográmase un partido de fútbol sala contra o equipo do centro, o Teixeiro Torre, que participa en liga regular da Primeira Autonómica- A Coruña de Fútbol sala. 
Antes do inicio do encontro realizouse un intercambiando de placas recordatorias, pola segunda visita institucional e partido amigable entre o Teixeiro-Torre e a ACD Policía Local da Coruña.
No referente ao encontro disputado, notouse a diferenza que hai entre as competicións nas que participan os compoñentes de ambos os equipos, así como a idade dos mesmos, nalgún caso dobrábase a idade. Pero aínda así o equipo da ACD presentou resistencia ata que as forzas aguantaron e levou ao descanso con empate a dous e nada máis iniciarse a segunda parte tívose a oportunidade de aumentar o marcador, pero aos poucos a fatiga e a falta de recambios no banco, ao contar con só dous xogadores para dar descanso, foi afectando e en dous contras vertixinosas metéronnos dous goles case seguidos, outra vez será.
Despois ambos os equipos xuntáronse ao redor dunha mesa onde se puido repoñer forzas con comida e bebida, así como intercambiar experiencias e anécdotas, onde, nalgún caso, coincidiuse con algún detido, mostrando o máximo respecto polo noso traballo e polo trato que recibiran por parte dos axentes.
En definitiva, unha xornada e experiencia moi enriquecedora, que haberá que repetir o ano que vén.