sábado, 5 de noviembre de 2016

INICIO TEMPADA 2016 / 17

O inicio da tempada 2016/17, para o equipo de  BValoncesto se  inció o pasado día 22 de outubro, día no que o equipo se puxo en marcha e no seu único partido disputado, ata o momento, logrou a vitoria derrotando ao equipo de  Andaina por un contundente 49 a 21, demostrando, a pesar das baixas na confección do persoal, a continuidade no xogo despois da consecución do título de liga da tempada pasada.
 Esta próxima fin de semana o equipo de medirá a  Netex, esperemos que novamente o equipo volva demostrar o seu potencial e non note a falta da baixa de Luís Ramos, ao que todos desexamos unha rápida recuperación da escordadura que se fixo en primeiro encontro...

Doutra banda o equipo de Fútbol sala iniciará a súa participación no que será o X Torneo de Liga CEP- MOOM 57, o venres día 11 ás 20:00 horas no pavillón de Lonzas, partido que nos enfrontará a  CNP O Barómetro, este ano co regreso ao equipo de xogadores como  Pochi, Javi Fontenla, Iván Ramos e Iván Meijide, así como a presenza de Miguel Freire, que o ano pasado non xogou ningún partido, cremos que o equipo será máis competitivo, desexando que xunto aos demais compañeiros que continúan no equipo #gozar do xogo e realicen unha boa tempada.

En canto ao equipo ciclista, non teño moito que dicir, salvo que, os asociados a esta actividade, #gozar das saídas cicloturistas que realizan habitualmente e os que participen nas moitas probas que hai durante a tempada, que o fagan co maior entusiasmo posible e se poden consigan mellorar o demostrado ata o momento.

A todos que gocedes dunha nova tempada chea de éxitos...

UN SAÚDO

O Presidente

No hay comentarios:

Publicar un comentario