viernes, 16 de diciembre de 2016

PARTIDAZO E NOVA VITORIA

Esta tarde o equipo de Fútbol sala da  ACD Policía Local enfrontábase ao equipo de Policía do Porto da Coruña, como dato anecdótico dicir que o partido empezou con media hora de atraso por incomparecencia do árbitro, no horario previsto das 20:00 horas. O equipo na primeira parte e de saída iniciou o partido con Marcos en portería, Iván Reigosa,  Pochi, Pablo Cao e  Meji en cancha, para cambios quedamos Javi Fontenla e Penas. Nos primeiros minutos xa se puido ver que o equipo tomaba as rendas do partido dominando o xogo en todo momento, así chegabamos ao minuto 3 de partido no que  Pochi realizaba un xogada pola banda esquerda e tras superar ao seu marcador realizaba un centro-chute ao segunda pau, que  rebotaba na madeira e finalizaba no fondo das mallas, ata a sorte parecía que estaba do noso lado. Co resultado a favor e sen que o equipo contrario dese mostras de moito perigo na nosa área foi discorrendo o partido, ata chegar ao minuto dez en que  Meji cun lategazo coa esquerda lograba o segundo tanto ao noso favor, gol que non fixo máis que  serenarnos no xogo e xogar co tempo a favor. Mentres tanto o equipo contrario tan só dispuxo dun tiro de falta que repeleu o pau dereito da portería defendida  magníficamente por Marcos, a sorte seguía do noso lado, pero cando a primeira parte estaba para rematar e en disparo desde a frontal o balón coábase na nosa portería sen que  Macos puidese facer nada, era o 2-1 e xa non houbo tempo para máis, finalizando a primeira parte con ese resultado, non sen antes algúns xogadores do equipo contrario fixesen varias entradas fortes aos nosos xogadores. 
A segunda metade empezou practicamente de igual modo que a primeira e a loo poucos minutos con disparo durísimo desde a frontal poñía o 3 a 1. Por mor deste gol o equipo do Porto tentou subir a liña de presión, pero iso facilitaba a saída de balón dos nosos xogadores, os cales tan só podían ser parados con faltas duras e que serviron para que dous xogadores contrario visen a tarxeta amarela. Así sobre o minuto doce desta segunda metade, Iván Reigosa recuperaba o balón no noso campo e tras regatear a tres xogadores e ao seu mesma sombra, regalaba o balón nun pase á dereita, para que Javi Fontenla rematase libre de marca ao fondo das mallas, sen dúbida o gol do campionato, a algún o  dribló por dous ou tres veces impresionante!!!!. Neses momentos o equipo xa era o dono e señor do partido xa que o contrario tampouco daba mostras de perigo, chegando moi  timidamente á nosa área salvo con algún disparo afastado que sempre se atopaban con boas intervencións de Marcos ou co pau, que volvía estar aliado connosco e así, cando cando quedaban uns catro minutos para o final, unha nova recuperación en defensa deixábanos con tres para dous que  Meji finalizaba cun disparo cruzado ao segundo pau, que case rebenta a rede 5 a 1 e  hattrick do Pichichi do campionato. Con este resultado chegaron os minutos de relaxación e o segundo gol do equipo do Porto da Coruña chegou nun disparo desde a frontal, que Marcos tan só puido desviar lixeiramente. 
Un gran partido de todo o equipo que realizou un grandioso traballo tanto en defensa e como en ataque, sen engurrarse #ante a dureza dos xogadores contrarios e a  permisidad arbitral. 
PARABÉN EQUIPO, ESTE ANO SE... Agora toca descanso, así que pasalo ben e non engordar moito en nadal, para regresar en xaneiro ao máximo nivel. BO NADAL...   

No hay comentarios:

Publicar un comentario