domingo, 22 de enero de 2017

PRIMEIRA DERROTA

Na sexta xornada de liga, xogada o pasdo día 09 de xaneiro e contra o equipo de CSIF CNP Coruña chegou a primeira derrota do equipo, o equipo da ACD empezou o encontro con Marcos, na portería, Dani Mouriño, Iván Reigosa, Pochi e Meji, quedando para cambios Cocheiro, Gil, Dani Díaz, Miguel e Buji. despois duns primeiros minutos de tenteo nos que ningún dos equipos chegaba con perigo ás áreas contrarias e cando transcorría o minuto doce da primeira parte, chegou unha xogada trenzada de CSIF que se plantaron sós #ante Marcos e conseguían o 0-1, uns minutos máis tarde lograban o 0-2 con outra xogada de recuperación no medio campo e rápida contra e cando o partido estaba apunto de chegar ao descanso, noutro erro defensivo, volvían gañar as costas e marcaban o 0-3 co que se chegaba ao descanso. Tras a continuación logramos acurtar distancias cun gol de Buji, nunha boa xogada de todo o equipo, co gol o equipo empezou a dominar o ritmo de xogo e cando faltaban uns oito minutos para o final, pasamos a xogar con porteiro-xogador, entrando Miguel por Marcos, vendo que CSIF se defendía moi pechado na súa área e que os nosos disparos afastados non atopaban o seu obxectivo. A aposta era arriscada, pero pronto conseguimos marcar grazas a un remate cruzado de Iván Reigosa, co 3-2 e dominando o partido con CSIF metido na súa área todo era posible, pero un fallo no pase de Meji sobre Miguel, recuperábao un xogador contrario que desde o medio do campo marcaba sen oposición, faltaba uns 3 minutos e o equipo seguiu tentándoo, pero o gol chego demasiado tarde así xa metidos no último minuto Miguel lograba poñer o 3-4 definitivo. Mágoa de resultado, xa que era unha oportunidade única para vencer a CSIF que contaba con tan só cinco xogadores, pero que se atopou cunha relaxación defensiva pola nosa banda e despois aínda que melloramos xa non tivemos tempo para remontar, agora só queda levantarse e volver ao estilo de xogo das primeiras xornadas, ANIMO rapaces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario