martes, 13 de junio de 2017

CAMPEONES DE COPA 2017


O venres dabamos por finalizada a tempada 2016/2017 en Fútbol sala e non podiamos facelo de mellor maneira, xogabamos a final de Copa do X Torneo Policial MOOM 57, contra o equipo de CNP Tácita de Ouro, flamante campión de Liga e conseguimos derrotalos por un resultado cómodo de 4-2. O equipo da ACD Policía Local da Coruña formou de saída con Miguel, na portería, Pochi, Dani Mouriño, Pablo Cao e Meji en pista; mentres que para cambios, quedando no banco, Marcos, Javi Fontenla, D. Varela, Iván rammso e un servidor. O equipo, a pesar das baixas importantes que tiñamos para este partido, non acusou as ausencias e facendo boa a frase de Don Luís Aragonés "as finais gáñanse e non se xogan" saíu á pista coa idea de defender a matar e aproveitar algunha das contras das que contariamos. Así e despois duns primeiros minutos de dominio alterno e sen ocasións claras para ningún dos equipos, Miguel realizaba un saque de porta, ás costas da defensa adiantada de Tácita e Pablo Cao, sempre oportunista, lanzábase a nivel de chan para rematar cruzado, coa zurda, ao fondo das mallas, era o 1-0 e co resultado a favor, ao equipo non lle importou ceder o a iniciativa do xogo ao equipo de CNP Tácita de Ouro e esperar pechados no noso campo, para contragolpear con perigo, o que se traduciu nun novo gol, marcado novamente por Pablo Cao cun disparo desde a interior da área, 2-0, resultado ocn o chegabamos ao final da primeira parte e sen que o contrario dese mostras de perigo, salvo un par de disparos aos que Miguel respondía de forma esplendida desde a portería. Todo estaba a saír que dá xenio e lle segunda parte iniciábase coa mesma idea de xogo, ser moi fortes en defensa con axudas constantes dos xogadores máis avanzados e saídas á contra, o que pronto deu os seus froitos, xa que nunha recuperación en defensa e unha rápida combinación de todo o equipo en ataque o balón chegou ao costado dereito, onde Javi Fontenla aguantou o movemento do porteiro, baténdoo a media altura polo primeiro pau. Co 3-0 e o cansazo dalgúns dos xogadores chegaron uns minutos de relaxación, nos que o equipo de Tácita logrou acurtar distancias cun disparo desde a frontal, que pasou por medio de varias pernas ata aloxarse na nosa portería sen que Miguel puidese detelo. Por mor deste gol o equipo contrario tratou de ir en busca dun segundo gol, pero nunha nova contra chegou o gol de Meji, que a falta de menos de cinco minutos para o final, practicamente, xa non lles deixaba esperanzas para remontar. Nese momento e co equipo de Tácita envorcado en ataque e nosa defensa traballando arreo, chegaron un par de ocasións máis o noso favor, erradas polo cansazo e pola mala sorte, xa que un disparo de Dani Mouriño desde o noso campo foi repelido polo traveseiro cando xa estabamos a cantar o gol, unha pena, porque fose o gol da final. Desta maneira foron pasando os minutos e cando faltaban dous minutos para o remate do mesmo Tácita lograba marcar novamente cun remate desde o bordo da área ao que Marcos, que entrara uns minutos antes por Miguel, non puido responder, subindo desta maneira o 4-2 definitivo no marcador. Gran partido de todo o equipo, con mención especial para Miguel, inexpugnable na portería e de Pablo Cao en ataque, PARABÉN rapaces "somos os mellores", este ano o equipo respondeu as esixencias dos campionatos nos que participamos, demostrando un gran compromiso, sacrificio, esforzo e compañeirismo, uns valores que, sen dúbida, axudasen á consecución de novas metas. Ademais no aspecto deportivo logramos o terceiro posto, nos campionatos de Liga de Fútbol sala e Baloncesto, así como moi bos resultados conseguidos polos compañeiros de ciclismo nas probas individuais ás que se presentaron, os títulos de copa de Fútbol sala, os do torneo da nosa patroa, en baloncesto e Fútbol 7 e o de Santa Rita en Fútbol 11, o que fai que esta tempada 2016/17 sexa unha das mellores dos últimos anos. Para min é un orgullo ser o voso compañeiro e presidente. E por suposto o ano que vén máis. Agradecer a colaboración dos nosos principais patrocinadores. Cervecerias O Hoyo; Construcións López Cao e Consultoria Sinoga, así como os colaboradores institucionais: Deputación e Concello, da Coruña, a todos eles moitas grazas por seguir confiando nesta Asociación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario