jueves, 30 de marzo de 2023

DESCENSO DO SELLA

Fin de semana: 1 e 2 de xullo de 2023

Dende IPA GALICIA e en colaboración coa ACDPL da Coruña retomamos no 2023 unha das actividades socioculturais máis bonitas e divertidas da nosa historia como asociación. Despois de todo este período de restricións, queremos volver pasar unha fin de semana de lecer e deporte con compañeiros, familiares (incluídos nenos) e/ou amigos.

Como moitos recordaredes, esta actividade consiste nunha viaxe en autobús ata a localidade asturiana de Arriondas, onde comezará a baixada do río Sella que rematará na localidade de Llovio, preto de Ribadesella. O percorrido completo alcanza uns 14 quilómetros e adoita tardar 3 horas e media ou 4 horas en realizalo. Durante este período, podemos parar a comer ou descansar ao longo do percorrido, nalgún dos chiringuitos, mentres gozamos dunha paisaxe extraordinaria.


Para que todo saia ben, pedimos a vosa colaboración escribindo a unha lista provisional, ben a través do correo electrónico ipagalicia@gmail.com, ben a través do WhatsApp do Grupo IPA Galicia.

Esta inscrición previa rematará no prazo dun mes, transcorrido o cal se publicará unha lista cun número de conta onde cada participante deberá introducir un sinal, como reserva da actividade e para evitar contratempos e baixas inesperadas. Calquera dúbida que teñades sobre esta actividade, podedes contactar cos membros do Consello de Administración de IPA Galicia, a través dos teléfonos que xa coñecedes ou a través do noso correo electrónico.

ANIMÁMOSVOS A COMPARTIR CONNOSCO ESTA EXPERIENCIA,
ENCANTARACHE...




No hay comentarios:

Publicar un comentario