domingo, 13 de noviembre de 2016

ESTREO CON VITORIA

O venres día 11 #iniciar unha nova tempada para o equipo de Fútbol sala, que este ano conta cun persoal reforzado, xa que volve contar coa participación de xogadores como  Pochi,  Mejí e Javi Fontenla, que regresan ao equipo despois dun parón na súa actividade deportiva e que sen dúbida axudarán a que o equipo dun salto de calidade e sexa aínda máis competitivo, ademais contaremos cos recuperados Marcos, D. Varela e Juanjo, que a tempada pasada estiveron practicamente en branco, debido a lesións sufridas. 
O primeiro partido enfrontábanos ao equipo de  CNP O Barómetro e a  ACD saíu a xogar con Marcos en portería,  Pochi, Rizo e Dani Mouriño en liña defensiva e Juanjo en ataque, quedando para cambios  Buji, Javi,  Mejí e Penas, empezamos o encontro dominando o xogo e pronto, aos dous minutos,  Pochi lograba abrir o marcador cun disparo desde a frontal da área, o gol permitiunos xogar con máis tranquilidade, pasando a dominar o xogo con claridade e antes dos dez minutos da primeira parte, Rizo subía ao marcador o 2-0, despois dunha boa xogada de  contaataque e finalizar a mesma cun disparo por alto. uns minutos máis tarde  Meji, despois de roubar un balón na área contraria, batía por terceira vez ao porteiro de  CNP O Barómetro, 3-0 e o equipo, a pesar de realizar todos os cambios continuaba dominando, xogando ao seu ritmo e aínda tivo tempo para que, novamente  Pochi volvese marcar e poñer 4-0 no marcador, resultado co que se chegou ao descanso e o que é máis importante sen que o equipo contrario dese mostras de moito perigo en ataque, salvo nun par de ocasións, por fallos defensivos nosos e con boa resposta por parte de Marcos.
Na segunda parte o equipo seguiu dominando o xogo, aínda que como consecuencia do resultado e o empuxe do contrario, baixo un pouco o ritmo do partido e a pesar de contar con dous ou tres xogadas claras para aumentar o marcador, non o logramos e chegamos ao final do partido co resultado xa apuntado, aínda que neste período o equipo contrario contou con algunha oportunidade para marcar, pero atopáronse cuns gran Marcos na portería, que realizou un par de intervencións de moito mérito, demostrando que se atopa totalmente recuperado do ombreiro.
 ANIMO rapaces,  ésto acaba de empezar, pero con ilusión e compromiso, por parte de todos, chegaremos a bo porto....
E para finalizar, o post partido fixémolo en casa duns e os nosos patrocinadores, O HOYO, onde puidemos recuperar forzas...

ENHORABUENA A TODOS...   

1 comentario: